Contedores do lixo
Descrición
A Deputación dispon de mais de 18000 contedores de proximidade para a recollida de r.s.u. das catro fraccións
A situación de arranque, válida como situación actual, se resume en:
Fracción resto
- Rural: 2 veces por semana.
- Semiurbano: 6 veces por semana.
Envases lixeiros
- Rural: 1 vez cada 15 días.
- Semiurbano: 2 veces por semana.
Papel-cartón
- Xinzo e Carballiño (capitalidades): diaria.
- Resto: segundo necesidade.
Vidro
- Segundo necesidade.
A frecuencia será a necesaria para evitar desbordamentos habituais, que non se producirán nunca; evitando nun periodo corto de tempo os desbordamentos temporais e os puntuais, entendendo por:
- Desbordamento: un contedor enténdese desbordado cando o lixo non colle dentro do mesmo coa tapa pechada, sempre e cando esta situación non estea causada por un mal uso dos contedores por parte dos usuarios, nin se produza por circunstancias puntuais e illadas.
- Desbordamento temporal: enténdese que o desbordamento é temporal cando se repite diariamente pero con duración limitada no tempo (semana das festas, temporada estival...).
- Desbordamento puntual: enténdese que o desbordamento é puntual, non illado, cando se repite non diariamente, pero en datas marcadas (feiras, mercados...).
- Desbordamento habitual: aquel que se produce de xeito continuo ou que se repite no tempo con maior ou menor frecuencia, pero non é puntual, illado nin temporal.
Que facemos no teu concello
Consulta o funcionamento do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no teu concello e outros servizos dispoñibles na túa zona.