Punto Limpo Móbil

A Deputación Provincial de Ourense xestiona actualmente 17 puntos limpos repartidos por toda a provincia. O obxectivo deste proxecto é dotar de máis infraestrutura ó servizo de transporte de residuos voluminosos, enseres domésticos e outros residuos, dende os domicilios dos vecinos e veciñas, de 54 concellos da provincia de Ourense, ata a rede de puntos limpos.

Os veciños e veciñas que teñan residuos deste tipo (mobles, colchóns, sofás, lámpadas, roupa, calzado e aparellos electrónicos ou electrodomésticos) só terán que seguir estes pasos:

1. Chamar ao seu Concello indicando os seus datos, o seu enderezo e o tipo e cantidade de residuos que teñen para recoller.

2. O seu Concello xestionará coa Deputación periódicamente estas solicitudes.

3. Dende a Deputación contactarán cos veciños para indicarlles a data na que o Punto Limpo Móbil pasará preto das súas casas, de xeito que poidan deixar os seus residuos voluminosos ao carón do punto de contenerización de proximidade máis cercano.

Concellos:

1 Amoeiro

2 Avión

3 Baltar

4 Bande

5 Beariz

6 Blancos, Os

7 Boborás

8 Bola, A

9 Bolo, O

10 Calvos de Randín

11 Carballeda de Valdeorras

12 Carballiño, O

13 Castrelo de Miño

14 Castro Caldelas

15 Chandrexa de Q.

16 Coles

17 Entrimo

18 Gudiña, A

19 Irixo, O

20 Larouco

21 Lobeira

22 Lobios

23 Maceda

24 Manzaneda

25 Montederramo

26 Muíños

27 Padrenda

28 Pereiro de Aguiar, O

29 Peroxa, A

30 Petín

31 Pobra de Trives, A

32 Porqueira

33 Punxín

34 Rairiz de Veiga

35 Ribadavia

36 Riós

37 Rúa, A

38 Rubiá

39 San Amaro

40 San Cibrao das Viñas

41 San Cristovo de Cea

42 San Xoán de Río

43 Sandiás

44 Sarreaus

45 Taboadela

46 Teixeira, A

47 Toén

48 Trasmiras

49 Veiga, A

50 Viana do Bolo

51 Vilamarín

52 Vilamartín de Valdeorras

53 Vilariño de Conso

54 Xinzo de Limia

>>> Tríptico informativo <<<