O servizo provincial de lavado de contedores de recollida de residuos sólidos urbanos comprende, como prestación mínima garantida, un lavado anual dos contedores de resto e envases lixeiro simple, introducindo o contedor no vehículo lavacontedores, ou intensivo, que inclúe unha primeira acción de limpeza con rasqueta e lavado con lanza de alta presión, antes da introdución no vehículo lavacontedores.
O servizo non inclúe o baleirado previo nin o traslado dos contedores, que deberá realizalo a entidade local interesada con carácter inmediatamente anterior á acción de lavado, nin a subministración de auga, cuxo gasto correrá a cargo da entidade local solicitante.
A Deputación Provincial de Ourense garante un lavado anual por entidade local. Non obstante, en función das dispoñibilidades do servizo, poderán realizarse lavados adicionais, sempre e cando estea garantida a realización do lavado mínimo a tódalas entidades locais que o solicitasen en prazo.
Para isto establécense os seguintes prezos públicos: