Puntos limpos

Na actualidade, a Deputación Provincial de Ourense, dentro do servizo intermunicipal de r.s.u. xestiona, en réxime de competencia delegada, o servizo de quince puntos limpos repartidos por toda a provincia. Os quince puntos limpos localízanse na A Gudiña, Xinzo de Limia, Calvos de Randín, Muíños, A Peroxa, A Pobra de Trives, Verín, A Rúa, Carballiño, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras, Bande, A Veiga e Castro Caldelas. Son da responsabilidade desta Área de Medio Ambiente os horarios de apertura do punto limpo e a realización de campañas de información entre a poboación, a resolución de reclamacións e, en xeral, a adopción de actos e disposicións para garantir a prestación normal, regular e continuada do servizo.