A Deputación adquire 20 contedores de r.s.u.
A Deputación Provincial de Ourense inclúe 20 unidades mais no inventario de contedores de proximidade de r.s.u. da fracción papel-cartón con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.
Recollida de papel e cartón, regulada por convenio de cooperación cos concellos para a recollida da fracción papel e cartón, conforme ao convenio marco da Xunta de Galicia-Ecoembes para a recollida selectiva de papel e cartón en 59 concellos.