Servizos intermunicipais de recollida de residuos sólidos urbanos prestados pola Deputación de Ourense, en competencia delegada, aos 50 concellos da provincia adheridos ao convenio marco. Os servizos implican todas as fraccións: resto, envases lixeiros, papel-cartón e envases de vidro.
Consulta o funcionamento do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no teu concello e outros servizos dispoñibles na túa zona.
Recollida da fracción resto de residuos sólidos urbanos, segundo o convenio marco de cooperación entre a Deputación e os concellos da provincia, para a recollida en 50 concellos.
Recollida de bolsa amarela ou fracción de envases lixeiros, conforme ao Convenio marco da Xunta de Galicia-Ecoembes para a recollida selectiva e reciclaxe en 71 concellos.
Recollida de papel e cartón conforme ao Convenio marco da Xunta de Galicia-Ecoembes, para a recollida selectiva en 56 concellos.
Recollida da fracción vidro, segundo o convenio marco da Xunta de Galicia-Ecovidrio en 62 concellos.
Xestión e explotación de ata 11 prantas de transferencia de residuos sólidos urbanos.
Xestión de 15 puntos limpos
Servizo de lavado de máis de 17.000 contedores de recollida das fraccións resto, envases lixeiros, cartón-papel e vidro.