Ir á páxina de novas

Limpeza e desinfección nas plantas de transferencia de residuos fronte a propagación do coronavirus

2020-04-22 12:30:40

Dentro da campaña de desinfección de rúas e espazos públicos que está levando a cabo a Deputación de Ourense fronte a crise sanitaria do coronavirus, atópase a limpeza das instalacións de xestión de residuos.

Xunto co reforzo no servizo de lavado de contedores de lixo que se está efectuando nestas datas, estase utilizando tamén o vehículo baldeador do que dispón a Área de Medio Ambiente para as labores de limpeza, nas 11 plantas de transferencia de residuos municipais xestionadas na provincia, co obxectivo de evitar a propagación do virus.