Ir á páxina de novas

A Deputación adquire máis de dous mil contedores de residuos municipais

2020-04-20 14:00:25

A Deputación Provincial de Ourense recibe 2.386 unidades destinadas a renovar a dotación de contedores de proximidade.

Na actualidade, a través do Servizo de Augas e Medio Ambiente, a Deputación xestiona en réxime de competencia delegada o servizo integral de recollida de residuos municipais en 54 concellos da xeografía ourensá; incluíndo fracción resto (bolsa negra), envases lixeiros, vidro e papel-cartón.

No presente mes foron recibidos 2386 novos contedores, de 800 litros e carga traseira, destinados a renovar o inventario de contedores existentes de fracción resto que actualmente se atopen deteriorados.