2020-03-30 10:38:40
Agradecemos a difusión deste comunicado e a colaboración de todos os cidadáns.
COMUNICADO RESPECTO Ó SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES DURANTE O ESTADO DE ALARMA
Entendemos que o Estado de Alarma no que nos atopamos dende o pasado 14 de marzo, que nos obriga a permanecer nos domicilios pola crise sanitaria que nos afecta, pode ser aproveitado para desfacernos daqueles enseres ós que xa non lle damos uso no fogar.
Debido a iso, residuos domésticos de medio e gran volume poderían ir a parar ós contedores de lixo así como ás beirarrúas das nosas localidades, supoñendo un risco de limpeza e hixiene que debemos evitar sempre, pero máis aínda na situación que nos atopamos agora.
Dende a Deputación de Ourense solicitamos á cidadanía que agarden ó remate desta situación para retirar estes residuos dos seus domicilios, contribuíndo con elo a non saturar o servizo provincial de recollida de lixo, que como saben, está traballando intensamente para conter ao máximo a propagación do coronavirus.
Cando finalice o Estado de Alarma, os 17 puntos limpos provinciais volverán estar dispoñibles para os veciños, así como o servizo de recollida de enseres a domicilio.
Ata entón, agradecemos a difusión deste comunicado e a colaboración de todos os cidadáns.
Deputación de Ourense
Área de Medio Ambiente