2019-08-07 12:34:56
Os novos vehículos recolectores de 9 m3 e 16 m3 de capacidade sumaranse as distintas rutas da provincia
A Deputación de Ourense segue a renovar a súa frota dedicada á recollida de lixo, coa incorporación de catro vehículos recolectores de residuos municipais de carga traseira, adscritos a Área de Medio Ambiente.
Esta reposición na frota repercute na eficiencia e mellora das funcións que realiza o ente provincial nos concellos adheridos ao servizo de recollida de lixo.
O novo equipamento está destinado ao servizo intermunicipal de recollida de residuos en diferentes municipios da xeografía ourensá, recollida que está regulada polo Convenio Marco de cooperación entre a Deputación e os 52 concellos da provincia adheridos ao mesmo.
Os novos vehículos recolectores, dous de 9 m3 e dous de 16 m3 destinaranse ás rutas de O Ribeiro, O Carballiño e A Limia.
Coa adquisición destes vehículos, por importe de 616.858 euros, a Deputación de Ourense avanza cara unha xestión de frota máis sostible, con unha maior eficiencia enerxética e reducindo as emisións de CO2 á atmosfera.