Ir á páxina de novas

A Deputación adquire 240 contedores de residuos municipais

2019-08-07 12:31:58

A Deputación Provincial de Ourense inclúe 240 unidades máis no inventario de contedores de proximidade con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

Na actualidade, esta Deputación xestiona en réxime de competencia delegada o servizo de recollida de residuos municipais en 52 concellos da xeografía ourensá. Esta cooperación abrangue, ademais das fraccións de envases lixeiros, vidro, papel e cartón, a recollida da fracción resto (bolsa negra).

Debido ó deterioro por rotura, desgaste e roubos dalgúns dos actuais contedores da fracción resto, é necesario proceder á reposición de novas unidades para continuar ofrecendo servizo ao cidadán.

Neste mes de xullo, sumáronse ao inventario de contedores de proximidade de residuos municipais 240 unidades de 800 litros para proceder ao cambio dos contedores existentes que actualmente se atopen deteriorados. Estes novos equipamentos a instalar son de material plástico e adaptados aos sistemas presentes nos vehículos recolectores propiedade desta Deputación.