Ir á páxina de novas

Servizo de recollida de aceite de orixe doméstico

2017-10-02 10:04:35

Servizo de recollida de aceite de orixe domestico mediante Convenio de Cooperación entre Deputación e concellos da provincia

Convenio de Cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación por parte de Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de aceite de orixe doméstico.

O servizo de recollida selectiva de aceite de orixe domestico comprenderá:

1) A recollida e transporte de aceite de orixe domestico usado depositado polos usuarios nos colectores instalados na vía pública.

2) O destino do aceite para a elaboración de biocombustible homologado (biodiésel) ou outros produtos mediante a entrega a un valorizador autorizado.

3) A limpeza, conservación e mantemento integral dos colectores de aceite instalados na vía pública e do entorno de estes.

O ámbito de recollida será o dos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes que deleguen na DPO a xestión integral de residuos municipais (actualmente 50) ou que se adhiran ao convenio que se tramita para este residuo concreto.

Na actualidade, a prestación do servizo de recollida de aceite de orixe doméstico abrangue a 67 concellos adheridos con 140 contedores colocados.