Ir á páxina de novas

A Deputación adquire 20 contedores de r.s.u.

2017-08-24 12:01:00

A Deputación Provincial de Ourense inclúe 20 unidades mais no inventario de contedores de proximidade de r.s.u. da fracción papel-cartón con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

Esta Deputación xestiona en réxime de competencia delegada o servizo de recollida da fracción papel-cartón en diferentes puntos da xeografía ourensá e con diferente frecuencia (57 concellos adheridos).

Debido ó deterioro por rotura e desgaste dalgúns dos actuais contedores da fracción papel-cartón, vímonos na necesidade de proceder á adquisición dos novos contedores para ofrecerlle un bo servizo ao cidadán.

Polo que, no mes de xuño de 2017 a Deputación suma ao inventario de contedores de proximidade de r.s.u. 20 unidades para proceder ao cambio dos contedores exsitentes no que o seu estado actual sexa de completo deterioro.