Ir á páxina de novas

A Deputación adquire 120 contedores de r.s.u.

2017-08-23 07:39:19

A Deputación Provincial de Ourense inclúe 120 unidades mais no inventario de contedores de proximidade de r.s.u. da fracción envases lixeiros con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

Esta Deputación xestiona en réxime de competencia delegada o servizo de recollida de r.s.u. en diferentes puntos da xeografía ourensá e con diferente frecuencia (50 concellos adheridos). Esta cooperación abrangue as fraccións envases lixeiros, vidro, papel e cartón e a recollida da fracción resto (bolsa negra).

Debido ó deterioro por rotura e desgaste dalgúns dos actuais contedores da fracción envases lixeiros, ademais dos roubados, vímonos na necesidade de proceder á adquisición dos novos contedores para ofrecerlle un bo servizo ao cidadán. Os contedores que se pretenden instalar son de material plástico que se adaptan os vehículos recolectores propiedade do parque móbil desta Deputación.

Polo que, no mes de xaneiro de 2017 a Deputación suma ao inventario de contedores de proximidade de r.s.u. 120 unidades de 800 litros para proceder ao cambio dos contedores exsitentes no que o seu estado actual sexa de completo deterioro.