Ir á páxina de novas

A Deputación adquire 220 contedores de r.s.u.

2015-10-29 17:02:32

A Deputación Provincial de Ourense inclúe 220 unidades mais no inventario de contedores de proximidade de r.s.u. con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

Na actualidade, esta Deputación xestiona en réxime de competencia delegada o servizo de recollida de r.s.u. en diferentes puntos da xeografía ourensá e con diferente frecuencia (50 concellos adheridos). Esta cooperación abrangue, ademais das fraccións envases lixeiros, vidro, papel e cartón, a recollida da fracción resto (bolsa negra).

Debido ó deterioro por rotura e desgaste dalgúns dos actuais contedores da fracción resto, ademais dos roubados, vímonos na necesidade de proceder á adquisición dos novos contedores para ofrecerlle un bo servizo ao cidadán. Os contedores que se pretenden instalar son de material plástico que se adaptan os vehículos recolectores propiedade do parque móbil desta Deputación.

Polo que, neste mes de xaneiro a Deputación suma ao inventario de contedores de proximidade de r.s.u. 200 unidades de 800 litros e 20 unidades de 1.100 litros para proceder ao cambio dos contedores exsitentes no que o seu estado actual sexa de completo deterioro.