Ir á páxina de medios

Medios humanos

Na actualidade, a Deputación Provincial de Ourense xestiona, en réxime de competencia delegada, o servizo intermunicipal de recollida de r.s.u. en diferentes puntos da xeografía ourensá e con diferente frecuencia. A maiores xestiona os servizos complementarios intermunicipais delegados de recollida de selectiva, xestión de puntos limpos e lavado de contedores, e servizos supramunicipais de transferencia de r.s.u. A modo resumen, este servizo intermunicipal de recollida de residuos sólidos urbanos inclúe:

  1. Recollida integral de r.s.u., regulado polo convenio marco de cooperación entre a Deputación e os 50 concellos adheridos da provincia.
  2. Recollida de bolsa amarela ou fracción de envases lixeiros, regulado polo convenio de cooperación con 21 concellos (a maiores dos incluídos en 1).
  3. Recollida de papel-cartón, regulado polo convenio de cooperación con 6 concellos (a maiores dos incluídos en 1).
  4. Recollida de vidro regulado polo convenio de cooperación con 12 concellos (a maiores dos incluídos en 1).
  5. Prestación do servizo de Puntos Limpos, en réxime de competencia delegada, e o servizo intermunicipal de punto limpo (a maiores dos incluídos no apartado 1), en Verín (7 concellos) e en A Gudiña (2 concellos).
  6. Servizo provincial de lavado de contedores: regulado pola Ordenanza do servizo provincial de lavacontedores de residuos sólidos urbanos.

A maiores o servizo supraprovincial de transferencia de r.s.u. inclúe a xestión e explotación de ata 11 plantas de transferencia de r.s.u.

Para o desempeño das funcións anteditas, a relación de postos de traballo desta Deputación Provincial recolle unha organización en equipos adscritos ao Negociado de Servizos Urbanos Intermunicipais con un total de 89 postos de traballo desenvoltos en capataces, chofer-operarios e operarios, da seguinte forma:

  • No Negociado de Servizos Urbanos Intermunicipais temos 2 capataces de maquinaria e un capataz de equipos de recollida selectiva.
  • Na recollida de lixo temos 54 postos de traballo (44 son chofer-operario e 10 operario de lixo).
  • No equipo de recollida selectiva temos 5 postos de traballo (chofer-operario).
  • No equipo de lavacontedores temos 6 postos de traballo (4 son chofer-operario e 2 operario de lixo).
  • No equipo de transferencia e puntos limpos temos 12 postos de traballo (operario de lixo).
  • No equipo de cooperación e correturnos temos 9 postos de traballo (chofer-operario).