Ir á páxina de medios

Contedores do lixo

A Deputación dispon de mais de 17000 contedores de proximidade para a recollida de r.s.u. das catro fraccións

A situación de arranque, válida como situación actual, se resume en:

Fracción resto

  • Rural: 2 veces por semana.
  • Semiurbano: 6 veces por semana.

Envases lixeiros

  • Rural: 1 vez cada 15 días.
  • Semiurbano: 2 veces por semana.

Papel-cartón

  • Xinzo e Carballiño (capitalidades): diaria.
  • Resto: segundo necesidade.

Vidro

  • Segundo necesidade.

A frecuencia será a necesaria para evitar desbordamentos habituais, que non se producirán nunca; evitando nun periodo corto de tempo os desbordamentos temporais e os puntuais, entendendo por:

  • Desbordamento: un contedor enténdese desbordado cando o lixo non colle dentro do mesmo coa tapa pechada, sempre e cando esta situación non estea causada por un mal uso dos contedores por parte dos usuarios, nin se produza por circunstancias puntuais e illadas.
  • Desbordamento temporal: enténdese que o desbordamento é temporal cando se repite diariamente pero con duración limitada no tempo (semana das festas, temporada estival...).
  • Desbordamento puntual: enténdese que o desbordamento é puntual, non illado, cando se repite non diariamente, pero en datas marcadas (feiras, mercados...).
  • Desbordamento habitual: aquel que se produce de xeito continuo ou que se repite no tempo con maior ou menor frecuencia, pero non é puntual, illado nin temporal.