Nota legal

O presente sitio web é propiedade e está xestionado pola Área de Medio Ambiente da Diputación de Ourense (en adiante “Deputación de Ourense”).

1. Dereitos e obrigas de uso

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no sitio web atribúe, dende o seu comezo, a condición do usuario e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas condicións xerais.

Para o acceso aos servizos deste sitio web, en todo o que non teña carácter gratuíto ou impoña unha serie de obrigas, o usuario debe ser maior de idade e dispor da capacidade legal e representación necesaria para obrigarse xuridicamente. O emprego dos servizos ofrecidos no sitio web implica que o usuario declara cumprir estes requerimentos.

O usuario que accede ao sitio web debe cumprir estas condicións xerais e as especiais instruccións de uso que se lle amosen en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, os bos costumes e as esixencias da boa fé, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que se beneficia. Así, o usuario non poderá efectuar modificación nin alteración algunha dos contidos do sitio web, a excepción dos datos que o propio usuario introducira, nin perxudicará de xeito algún a súa integridade ou funcionamento.

Os datos persoais que deban facilitar os usuarios para acceder aos mencionados servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos, propiedade da Deputación de Ourense, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de carácter persoal.

A Deputación de Ourense poderá suprimir ou suspender o acceso ao sitio web do usuario que incumplira calquera das obrigas expresadas nestas condicións xerais. O usuario que incumpla intencional ou culpablemente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, cause á Deputación de Ourense ou a un terceiro.

2. Responsabilidade da Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense resérvase o dereito de realizar modificacións no sitio web, así como nestas condicións xerais. Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos usuarios, a Deputación de Ourense non pode asumir responsabilidade:

a) Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os engadidos naqueles sitios web aos que o usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no sitio web.

b) Pola exactitud ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados. No sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión polo usuario medio, polo que a Deputación de Ourense non se fai responsable polas interpretacións erróneas ás que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte da Deputación de Ourense no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes condicións xerais.

A Deputación de Ourense non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario.

3. Propiedade industrial e intelectual

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calesquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do sitio web son propiedade da Deputación de Ourense ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no sitio web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito e, en especial, de explotación, reproducción, distribución, transformación ou comunicación pública sobre ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito da Deputación de Ourense (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca) ou dos terceiros correspondentes.

As violacións de calquiera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís contempladas na lexislación vixente.

4. Xurisdicción

Todo litixio ou controversia que xurda entre a Deputación de Ourense e un usuario sobre a interpretación ou a aplicación destas condicións xerais ou, en xeral, relacionado de xeito directo ou indirecto coa utilización dos servizos ofrecidos no sitio web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Ourense.

Como requerimento previo ao comezo do litixio, a Deputación de Ourense e o usuario obríganse a negociar de boa fé para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado dende a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

5. Comunicacións

Para calquera comunicación que sexa precisa entre a Deputación de Ourense e o usuario, este deberá dirixirse ao domicilio indicado da Deputación de Ourense, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou email) que se indican na sección de contacto da web.

As comunicacións da Deputación de Ourense ao usuario realizaranse mediante os datos aportados por este na primeira comunicación enviada polo usuario.